Peregrinacións, relixiosidade popular e Camiño de Santiago

Delegado

D. José María Pérez Martínez
peregrinaciones@mondonedoferrol.org
Miramar, s/n, 15401, Ferrol (A Coruña)
981 353 295


Equipo

Rvdo. D. Javier Santiago Sanmartín (consiliario)
Rvdo. D. Óscar Santiago Sanmartín


Misión

Na nova estrutura pastoral que se realizou na diocese de Mondoñedo-Ferrol, a delegación encádrase dentro da vigairía pastoral de Evanxelización. Animados polo Plan Pastoral Diocesano 2022-2026, que nos convida a ser discípulos misioneiros nunha Igrexa en saída, desde esta delegación desexamos saír ao encontro do que camiña e busca sentido aos seus pasos na vida.

Atendendo aos dous Camiños que transcorren pola nosa diocese (Camiño Norte e o Camiño Inglés), coordinaremos os nosos recursos e as nosas posibilidades, tanto a nivel diocesano como interdiocesano. Unha das nosas primeiras tarefas debe ser poñer en valor o que xa somos e, ademais, temos:

· Comunidades cristiás que creceron e forman parte do Camiño.

· Templos, capelas, oratorios, reitorais e casas parroquiais ou diocesanas que non só ofrezan un espazo físico de repouso e descanso, senón ante todo a posibilidade do encontro con Cristo que acolle, escoita e comparte.

· Peregrinar desde a fe, xa sexa como peregrinos do Camiño de Santiago, peregrinando aos santuarios diocesanos ou desprazándose como turistas pola diocese, supón unha oportunidade para vivir un momento de graza e conversión. Como lembra o noso consiliario, “a fe, fonte de esperanza e de alegría, é nosa mellor acollida”.


Obxectivos

· Crear comunidades vivas e significativas: Creación dun equipo misioneiro que coide a acollida e o acompañamento.

· Coidar a experiencia de fe a nivel persoal e comunitario: Fomentar espazos de encontro desde a fe.

· Atender especialmente á mocidade, matrimonios e familias: Crear experiencias vivenciais de fe coa mocidade.

· Acompañar a persoas ou situacións de especial fraxilidade: Promoción do voluntariado.


O Camiño de Santiago na nosa diocese

Web: O Camiño de Santiago en Mondoñedo-Ferrol
Cedeira: Santuario de Santo André de Teixido (páxina oficial)
Ferrol: Santuario de Nosa Señora de las Angustias
Ferrol: Concatedral de San Xiao
Ferrol: Igrexa de Nosa Señora del Socorro
Narón: Igrexa de Santa Rita de Xuvia
Neda: Igrexa de Santa María
Neda: Igrexa de San Nicolás


Ligazóns de interese

Comisión Episcopal para a Pastoral Social e Promoción Humana (CEE)
Camiño de Santiago (web oficial)