Cáritas da UPA San Martiño de Xuvia pide reforzos ante a alta demanda de axuda

Desde a Unidade Pastoral San Martiño de Xuvia denuncian unha situación desbordante por mor de todas as persoas ás que axudan a través da súa Cáritas parroquial.

Nos últimos meses incrementouse a petición de axuda por parte de persoas, sobre todo inmigrantes, e familias que solicitan recursos de alimentación ou vivenda.

O párroco desta unidade pastoral, Cándido Otero, que abarca ao redor de 25.000 habitantes, afirma que grazas ao traballo desinteresado e altruísta de 14 voluntarios están a atender a unha media de 150 persoas.

O convenio asinado co concello de Narón rolda os 20.000 euros anuais, e a Cáritas da UPA San Martiño de Xuvia recibe unha parte dese importe, que ten que repartirse entre outras parroquias. Cándido Otero asegura que o gasto, só nesta Cáritas, rolda os 60.000 euros ao ano.

Pide reforzos ao concello e que se organice unha mesa social para abordar os problemas e derivacións que se fai desde o departamento de servizos sociais deste municipio.

Fonte: COPE Ferrol
Fotografa: Cáritas Madrid

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas