O equipo da delegación diocesana de Catequese e Catecumenado, co afán de manter viva a ilusión e animar na súa labor ministerial, convídanos a participar na próxima Asemblea Diocesana de Catequistas, baixo o lema «Catequistas, peregrinos de esperanza», neste Ano Xubilar 2025. Será, segundo indica o delegado diocesano, Carlos Miranda, “un espazo de encontro e oración para afondar na nosa vocación e ministerio, e animar a nosa laboura con novas iniciativas e testemuñas”.
O encontró terá lugar o sábado 26 de abril no Seminario de Mondoñedo, co seguinte planning: acollida (10:15 h.), oración e saúdo do delegado diocesano (10:30 h.), ponencia “A vocación do catequista” (10:50 h.), tempo de café e descanso (11:30 h.), equipos de traballo (12:00 h.), eucaristía na catedral (13:30 h.), xantar (14:15 h.) e peche (16:15 h.).
Para o xantar haberá dúas posibilidades: ben levalo cada un desde casa ou reservar previamente o menú do día do Seminario (o prezo é de 11 euros e hai que indicalo ao facer a inscrición).
Para formalizar a inscrición é necesario enviar un email á delegación antes do 21 de abril, indicando, polo menos, o número de asistentes por parroquia/UPA por cuestións de organización e aforo. A dirección é a seguinte: dcatequese@mondonedoferrol.org
Tamén che pode interesar
Delegación de Catequese e Catecumenado
Xubileu dos catequistas (26-28 setembro, Roma)
Novos materiais para vivir o Xubileu 2025: catequese e orientacións para a oración en familia









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















