- Sementadores de Estrelas 2025: “Moitos pensan que o máis importante do Nadal son os agasallos, pero en realidade é estar alegres de que Xesús naza”
- Nenos e nenas converten as súas panxoliñas en mensaxes de fe e alegría
Durante estes días, previos á festa do Nadal, algunhas parroquias e colexios da nosa diocese secundaron a invitación da delegación de Misións de Mondoñedo-Ferrol e lanzáronse a organizar a actividade “Sementadores de Estrelas”.
Trátase de saír cantando panxoliñas polas rúas do barrio ou visitando algúns centros e institucións para felicitar o Nadal. Como xesto misioneiro búscase que os nenos e nenas se acheguen ás persoas que se atopan e coloquen nas súas lapelas unha estrela desexando un bo Nadal. Cumpriríase así unha acción misioneira que nos empuxa a saír da nosa contorna para ir ao encontro do outro nese primeiro anuncio do nacemento de Cristo: “Cristo ámate e naceu por ti”.
Ata a delegación chegaron as mensaxes do Colexio “O Pilar” de Foz; do CPI de San Sadurniño; do Colexio Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo (15 de decembro); e da parroquia de Santa María de Caranza-Ferrol (21 de decembro).
Para os organizadores desta iniciativa supón un xesto “moi sinxelo pero moi fermoso: achegar o Nadal dos nosos misioneiros ata as nosas casas, axúdanos a ser misioneiros e é unha forma de introducir aos nenos e ás súas familias na mensaxe do Nadal”.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















