Corenta e un adultos recibiron a confirmación na catedral de Mondoñedo

Corenta e un adultos da nosa diocese, moitos deles persoas migrantes de diversas nacionalidades (Cabo Verde, Brasil, Polonia, Colombia…), recibiron o pasado sábado 27 de maio o sacramento da confirmación de mans do bispo Fernando García Cadiñanos.

Nunha catedral de Mondoñedo ateigada de fieis, familiares e acompañantes dos confirmandos, o bispo animounos a ser “testemuñas de Xesús, impulsados polo Espirito Santo”, e a “poñerse ao servicio da Igrexa co seus dons, necesitada de zume novo, e presenza no medio do mundo.

Informa: Carlos Miranda, responsable diocesano de Catecumenado.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas