Quero facer chegar a todos os alcaldes e alcaldesas dos concellos da diocese de Mondoñedo-Ferrol o meu saúdo máis cordial e os meus mellores desexos nesta nova etapa que comeza. Xunto a eles, a todos e cada un dos concelleiros e concelleiras.
Hai unha boa política que se basea na caridade e que constrúe a sociedade desde o ben común, edificando pontes, fixándose en cada persoa, vivindo o cargo en actitude de servizo, atendendo aos máis vulnerables, buscando as oportunidades.
Os retos que temos nestas terras tan fermosas polas súas paisaxes e pola súa xentes son moi grandes, como vos indicaba nunha recente mensaxe: a interculturalidade; a inclusión social de todos; o traballo digno; a defensa da familia; o coidado e a atención dos maiores; as infraestruturas que permitan un desenvolvemento sostible; o despoboamento e o envellecemento; o coidado do medio ambiente… Son retos que necesitan o concurso de todos, porque todos edificamos esta comunidade que queremos sexa acolledora e humanizadora.
Deséxovos moita sorte, rezo por vós e as vosas intencións, e quero que contedes comigo e coa nosa Igrexa diocesana na construción desta sociedade na que estamos implicados desde a pluralidade e a complementariedade de todos.
En espera de irnos saudando persoalmente, unha aperta fraterna.
O voso irmán e amigo.
+ Fernando García Cadiñanos







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















