Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 12 de abril de 2024. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
Entrevista: Jesús Álvarez Piñón, vigairo para a Caridade
A diocese vivirá mañá sábado en Mondoñedo unha xornada moi especial: a fase diocesana das Semanas Sociais da Conferencia Episcopal. Trátase de xerar un espazo de encontro máis próximo, nas diferentes dioceses, para analizar, dialogar e construír, de forma sinodal, respostas aos desafíos éticos, económicos e culturais da nosa sociedade española. Co vigairo para a Caridade, Suso Álvarez, avanzamos o plan do día e o significado desta convocatoria, no que a Igrexa promove as súas aportancións á luz do humanismo cristián.
Entrevista: Carlos Miranda, delegado de Catequese e Catecumenado
Seguindo co lema de «Catequistas para servir», co obxetivo de atoparse e animarse, compartir inquedanzas e valorar as novas propostas da delegación, celebrarase no colexio La Salle de Ferrol a Asemblea Diocesana de Catequistas. Será o vindeiro 27 de abril. Co delegado diocesano de Catequese e Catecumenado, o sacerdote Carlos Miranda, profundaremos nesta xornada: convocatoria, planning, experiencias, etc. Non perdades a entrevista!
Para pensar: «El grano de oro»
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha comunidade relixiosa da nosa diocese. Durante este mes de abril, de xeito especial, encárganse a comunidade dos padres mercedarios de Ferrol.
Horizontes desde Loiba
Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















