“El Espejo” (27.09.2024): Encontro Diocesano de Migrantes + Roteiro xuvenil no Tempo da Creación + Laicos no Consello de Goberno

Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 27 de setembro de 2024. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.


Entrevista: Suso Álvarez, delegado diocesano de Migrantes, Refuxiados e Trata

Mañá sábado o Seminario de Mondoñedo acollerá unha xornada moi especial para todas aquelas persoas chegadas de fóra e acollidas na nosa diocese. A Igrexa celebra a Xornada Mundial do Migrante e do Refuxiado 2024 o domingo 29, coa mirada posta nesta realidade cotiá de sufrimento, pero tamén de superación, integración e acollida aos nosos irmáns. Para falar disto estivo con nós o delegado diocesano de Migrantes, Refuxiados e Trata, tamén vigairo para a Caridade, o sacerdote Jesús Álvarez.


Audio: Mozas e mozos da diocese percorreán a bisbarrá entre Ferrol e Valdoviño no Tempo da Creación

O Tempo da Creación está a chegar ao seu fin, pero desde as delegacións de Xuventude e Peregrinacións e Camiño de Santiago non quixeron deixar pasar a oportunidade de transmitir aos máis xóvenes a importancia da nosa casa común para nós os cristiáns. Por iso organizan esta fin de semana un roteiro entre as parroquias de Cobas e Meirás que contribúa a concienciar sobre o coidado da natureza e a conexión coa creación. Falamos con Jorge Rodríguez, delegado da Pastoral Xuvenil sobre esta proposta ao aire libre.


Audio: Dous laicos formarán parte do Consello Diocesano de Goberno

Por primeira vez na longa historia da nosa diocese dous laicos integraranse no Consello Diocesano de Goberno. Una profesora de Universidade, Toyi González, e un médico, José Luis Fernández, ambos cunha traxectoria de entrega e traballo noutras responsabilidades na nosa diocese, acolleron esta proposta do bispo con alegría e moita, moita ilusión. Coñecemos de primeira man No Espello as súas primeiras impresións tras o seu nomeamento.


Horizontes desde Loiba

Co sacerdote Javier Martínez resumímosvos, dun xeito máis más pausado, todo o que foi noticia durante a semana en Mondoñedo-Ferrol.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas