Encontro da pastoral vocacional das dioceses galegas en Meira

  • Os delegados avaliaron as conclusións da Asemblea de novembro en Santiago e afondaron na creación dunha cultura vocacional estable nas súas dioceses

Os delegados de Pastoral Vocacional das dioceses galegas reuníronse este mércores en Meira (Lugo) no seu habitual encontro trimestral, acompañados polo bispo de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos. Na reunión estiveron presentes os delegados de todas as dioceses excepto o de Tui-Vigo que se escusou no último momento por problemas persoais.

Durante a reunión revisaron a Asemblea Interdiocesana de Vocacións que tivo lugar en Santiago o pasado mes de novembro e que resultou un éxito de participación e de contidos. Desde as conclusións que se expuxeron durante aquel encontro, os delegados dialogaron sobre as actitudes, problemáticas e actividades que se han de coidar e resolver para xerar unha cultura vocacional e para asentar o Servizo Diocesano de Vocacións de cada diocese. Na reunión compartiron tamén as súas actividades e programaron futuros encontros.

A xornada serviu tamén para coñecer o rico patrimonio de Meira e para compartir un tempo de convivencia.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas