- Santiago acollerá o Encontro de Catequistas o 24 de xaneiro de 2026
- Unha cita para crecer en comunidade e sinodalidade, renovar o compromiso e afondar na misión catequética hoxe
Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 24 de xaneiro un Encontro de Catequistas de Galicia, unha xornada especialmente pensada para favorecer o encontro, a formación e a reflexión entre quen desempeña este importante labor pastoral nas nosas comunidades.
O evento pretende ser un espazo para crecer en comunidade e sinodalidade, compartir experiencias, fortalecer a vocación catequética e profundar nos retos e oportunidades que presenta a misión evanxelizadora na actualidade. Será tamén unha ocasión para convivir, dialogar e renovar o compromiso común ao servizo de la Iglesia galega.
O encontro dará comezo ás 10:30 h na Hospedería de San Martiño Pinario. Ao longo do día, os participantes poderán compartir e coñecer distintas experiencias de catequeses que se están desenvolvendo nas dioceses, favorecendo o intercambio de boas prácticas e a reflexión conxunta sobre a misión catequética no momento actual a través dos encontros que se irán sucedendo ao longo da mañá. Haberá tamén oportunidade para o encontro e intercambio fraterno entre os catequistas das distintas dioceses galegas. A iso contribuirá a comida de confraternidade, un verdadeiro signo de comuñón e encontro fraterno. A xornada rematará ás 17:00 h coa celebración da eucaristía, centro e culmen deste día de encontro.
Desde a organización, e por razóns organizativas, anímase aos párrocos e a todos os catequistas a realizar a súa inscrición antes do mércores 21 de xaneiro, e a participar nesta cita que busca fortalecer a vocación catequética e seguir camiñando xuntos como Iglesia en Galicia.
Na web oficial ofrécese información máis detallada sobre o programa e actividades que se van realizar a través https://catequesisdegalicia.org
Para calquera consulta ou dúbida está dispoñible a conta de email da delegación de Catequese e Catecumenado de Mondoñedo-Ferrol: dcatequese@mondonedoferrol.org
Unha oportunidade única para crecer xuntos na fe e na misión. Vémonos en Santiago!









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















