A través dunha comunicación dirixida aos membros dos consellos de redacción e asesor-científico, o director do anuario diocesano “Estudos Mindonienses”, Benito Méndez, transmitiu a intención de dedicar o próximo número da revista ao teólogo, cóengo da SAMI Catedral de Santiago de Compostela, Segundo Leonardo Pérez López, con motivo da conmemoración do 75º aniversario do seu nacemento e do 50º da súa ordenación sacerdotal.
“A súa traxectoria como profesor, párroco, cóengo e investigador é ben coñecida e valorada en moitos ámbitos. Pero, no noso caso, como membros do consello de “Estudos Mindonienses”, como diocesanos e como cidadáns desta terra galega, como amigos e colaboradores, habemos de recoñecer o seu labor impagable. Non só tivo a idea de crear o anuario, senón que o impulsou con mestría ata facelo chegar onde hoxe está“, informábase no comunicado remitido no día de onte.
Desde a dirección e secretaría da revista decidiuse dedicarlle o próximo número, o 36, correspondente ao ano 2023, para o que convida a todos aqueles investigadores, sacerdotes e compañeiros a contribuír a esta homenaxe con algún artigo ou outro tipo de escrito (temática non exclusivamente relacionada coa diecese e sen límite de extensión).
O prazo de recepción de traballos rematará o 31 de agosto de 2023, e poden remitirse á conta de email estudiosmindonienses@mondonedoferrol.org
Fotografía: Sandra Alonso (La Voz de Galicia)







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















