A cidade de Ferrol será a que este ano leve a cabo a ofrenda á patroa da diocese, a Virxe dos Remedios, o vindeiro 10 de setembro, domingo, no santuario mindoniense dos Remedios.
A cerimonia estará presidida polo bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos, quen, coa súa homilía, dará resposta á tradicional ofrenda por parte dos antigos partidos xudiciais no territorio diocesano (Mondoñedo, Ferrol, Ortigueira, Viveiro, Vilalba e Ribadeo). Nesta ocasión será pronunciada polo alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela. A presentación da Ofrenda
A continuación desenvolverase a procesión e un espectáculo de baile e música tradicional na alameda e na Praza do Concello.
· 11:30 horas: Saída das autoridades dende a Casa do Concello cara o Santuario da Virxe dos Remedios, acompañados pola banda ferrolá ACOTAGA.
· 12:00 horas: Misa Solemne presidida polo bispo diocesano e Ofrenda á Virxe dos Remedios presentada polo alcalde de Ferrol. A misa será cantada polo Coro Mestre Pacheco.
· 13:00 horas: Saída da procesión coa imaxe da patroa e acompañada pola Banda ACOTAGA de Ferrol.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















