A través dunha mensaxe publicada nas redes sociais de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos anunciou a celebración na diocese de dúas misas-funeral polo eterno descanso do papa emérito, Bieito XVI.
O bispo convídanos e convoca a todos os diocesanos á participación nestas eucaristías, que se celebrarán hoxe luns 9 de xaneiro, na Concatedral de San Xiao de Ferrol, a partir das 19:00 horas; e mañá martes, 10 de xaneiro, no mesmo horario, na Catedral da Asunción de Mondoñedo.
A celebración serao de acción de grazas pola vida entregada, a súa humildade, o seu testemuño, o seu saberse ocultar e o seu amor á Igrexa. E é que, en palabras de don Fernando, “o papa Benedicto deixounos un maxisterio profundo de reflexión sobre como facer presente a Deus desde o amor”.
A todos aqueles que non poidan asistir presencialmente na celebración pídelles que se unan espiritualmente a esta oración e acción de grazas.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















