Faleceu en Ferrol a relixiosa Virginia Castiñeiras Cougil (Escrava do Santísimo)

Na tarde de onte martes, aos oitenta e dous anos, partiu para a casa do Pai a nai Virginia Castiñeiras Cougil, da comunidade das Escravas do Santísimo Sacramento e da Inmaculada de Ferrol.

Toda a súa vida foi unha entrega total ao Señor en constante adoración a Xesús sacramentado no carisma da congregación. Imitando a Cristo na súa vida interior como doazón e entrega, sabendo que o máis importante para ela era estar co Señor. Imitando á Virxe Inmaculada en actitude de escrava e serva do Señor. Co seu carácter afable e alegre serviu á a súa comunidade nos oficios de provedora e enfermeira.

O seu funeral terá lugar hoxe mércores, 5 de xullo, ás 16:00 horas.

Que o Señor a reciba nos seus brazos de Pai.

Nota proporcionada pola delegación diocesana para a Vida Consagrada.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas