Faleceu o sacerdote diocesano Rvdo. Luis Fole Freire

Vimos de coñecer a triste noticia do Falecemento do sacerdote diocesano Rvdo. Luis Fole Freire (Sancobade, 1936).

A condución terá lugar mañá martes 21 de novembro ás 16:00 horas desde o tanatorio de Vilalba para, a continuación, celebrar o funeral na súa memoria na igrexa parroquial de Santiago de Sancobade (Vilalba, Lugo).

O vindeiro xoves 23 de novembro, ás 20:00 horas, celebrarase unha eucaristía na súa memoria na igrexa parroquial de Santa María de Viveiro.

Ordenado en Vilalba en 1960, foi párroco, entre outras, de Santa María do Campo de Viveiro e Santa María de Galdo; capelán das Concepcionistas de Viveiro e do Hospital-Asilo de Vilalba, e membro de diversos consellos diocesanos .

Descanse na paz do Señor.


Semblanza biográfica

Luis Fole Freire naceu na parroquia de Santiago de Sancovade o 4 de xaneiro 1936. Fixo os seus estudios de latín e humanidades, filosofía e teoloxía no Seminario de Mondoñedo. Foi ordenado sacerdote o 11 de xuño de 1960 no Congreso Eucarístico de Vilalba polo bispo Jacinto Argaya Goicoechea.

Desde o 1 de agosto de 1960 ata outubro de 1966 foi coadxutor de San Xiao de Ferrol. Logo, desde os anos 1966 ata 1988, cura de Santiago da Gándara (Narón). Tamén nesta etapa exerceu de capelán do Centro “Carmen Polo” de Ferrol.

No ano 1988 foi nomeado párroco de Santa María de Burela e arcipreste de San Martiño, pasando anos despois a ser párroco de Santa María de Neda.

No ano 2000, párroco de Santa María de Viveiro e delegado diocesano de Catequese, compaxinando o encargo parroquial de San Román do Val, a capelanía do convento das MM. Concepcionistas de Viveiro e capelán da Confraría de Nosa Sra. do Rosario de Viveiro. A partires do 2007 tamén se encargou de Santa María de Galdo.

Foi membro do Consello Presbiteral e do Consello de Asuntos Económicos. E no 2013, próximo á xubilación, estivo adscrito a Santa María e Santiago de Viveiro e exerceu de capelán do mosteiro das Dominicas.

Rematou os seus servizos á Igrexa na residencia de Maiores de Vilalba atendendo, dentro das súas posibilidades, os servizos relixiosos da mesma.

De don Luis hai que destacar a súa xenerosidade para estar sempre disposto a ir onde facía falta. Tamén tivo esta mesma disponibilidade para a xente aí onde estivera. Bo compañeiro e sacerdote entregado e cercano aos enfermos e aos máis necesitados. De trato afable e atento a calquera necesidade ou servizo que se lle pedira. Que o Señor lle premie a súa entrega xenerosa e descanse merecidamente na súa paz.

Fotografía: AEP.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas