En la tarde de hoy jueves 28 de diciembre falleció en Vilalba el sacerdote diocesano Antonio Domínguez Martínez, párroco in solidum de la UPA Vilaba, a los ochenta y cinco años de edad, tras recibir los santos sacramentos y la bendición de Su Santidad.
La misa funeral en su memoria tendrá lugar mañana viernes 29 a las 16:30 horas en la iglesia parroquial de Alba.
Natural de la parroquia de San Xoán de Alba, deja atrás una larga carrera sacerdotal, repartida entre la comarca chairega y la de A Mariña tras ordenarse en Viveiro en 1961. En la primera, dio sus primeros pasos como cura en A Pastoriza, concretamente en las parroquias de Reigosa y Úbeda, para volver después a su concello natal y ejercer en Santaballa, donde estuvo dieciséis años, sumándose poco después la localidad xermadesa de Lousada.
También fue formador en el seminario de Mondoñedo y pasó por los concellos de Foz y Cervo, donde estuvo más de una década para regresar en 2012, con 74 años, de nuevo a la capital chairega.
Reseña biográfica
O reverendo Antonio Domínguez naceu en San Xoán de Alba o 23 de febreiro de 1938. Despois de estudar no seminario de Mondoñedo Latín e Humanidades, Filosofía e Teoloxía, foi ordenado sacerdote no congreso eucarístico de Viveiro o 27 de maio de 1961.
De 1961 a 1967 foi primeiro ecónomo e logo párroco de Santiago de Reigosa e encargado de San Xoán de Úbeda. De 1967 a 1974 pasou a ser formador e profesor do seminario de Mondoñedo. Desde 1974 párroco Santaballa e administrador de Lousada ata 1991. Párroco do Cervo, Lieiro e Sargadelos do 1993 ao 2005. Párroco de Foz no 2005. Tamén de Fazouro, San Martiño de Mondoñedo e Santa Icía do Valadouro. Ultimamente, desde o 2012 ata o seu falecemento, foi párroco na unidade pastoral de Vilalba.
Foi tamén arcipreste, membro do Consello Diocesano de Asuntos económicos e membro en varios períodos do Consello Presbiteral.
Nunha entrevista con motivo dos seus sesenta anos de ministerio sacerdotal, entre outras cousas, recoñecía que non sempre lle foron doados estes cambios de destino, pero que nunca os pediu nin tampouco os rexeitou; que o cambio máis difícil para el e para os seus compañeiros de promoción, estaba sendo o terse que adaptar como párroco ás transformacións polas que pasou e está a pasar a Igrexa e a sociedade; e que nunca se arrepentiu de ser cura.
De don Antonio, alí por onde pasou, todos, compañeiros e fregueses, gardan un recordo entrañable: home de paz, sacerdote paciente, sempre cercano á xente e servicial con todos. E por suposto querido. Precisamente estando servindo foi chamado inesperadamente polo Señor. Descanse na súa paz.