Como Iglesia de Mondoñedo-Ferrol unímonos en oración polo falecemento do pai do noso bispo, don Javier García, aos 93 anos, esta mañá na cidade de Burgos. Descanse en paz.
Monseñor Fernando García Cadiñanos partiu a primeira hora da mañá en coche desde Ferrol tras recibir a noticia do agravamento do estado de saúde do seu pai.
Fai uns momentos, o prelado quixo enviar esta mensaxe aos sacerdotes de Mondoñedo-Ferrol, que facemos extensivo a toda a diocese: Nesta festa do Sagrado Corazón de xesús, o Señor chamou á súa casa ao meu pai Javier. Con 93 anos foi unha graza o que nos acompañara. Pídovos que recedes por el e por toda a familia.
Fotografía: M. Bosquet