Ferrol acollerá a Xornada Interdiocesana de Pastoral Xuvenil de Galicia 2023

O vindeiro 30 de setembro, e organizada polas delegacións diocesanas de Mocidade, celebrarase unha nova edición da Xornada Interdiocesana de Pastoral Xuvenil de Galicia.

Un encontro que permitirá afrontar retos comúns a través das realidades pastorais de cada diocese, talleres de formación e propostas novas que, en palabras do noso delegado, Jorge Rodríguez, “axudarannos a entender mellor a realidade que presenta o mozo na Igrexa e o que os mozos piden e esixen da Igrexa”. Ademais, subliñou, “tamén é un lugar de encontro para os numerosos mozos católicos galegos que viven nun mundo globalizado e no que a cultura do encontro persoal cada día pérdese un pouquiño máis”.

Nesta edición, a sede deste encontro será a nosa diocese de Mondoñedo-Ferrol, convertendo á cidade de Ferrol, once anos despois, no epicentro xuvenil de Galicia.

A xornada dará comezo ás 11:00 horas, coa acollida de todos os participantes no colexio das Hijas de Cristo Rey. Encargaranse da formación dese día Diego Blanco Albarova, escritor e divulgador cultural, e Paola Pablo, cantante e evanxelizadora; ademais, contará coa presenza de AUTE, un proxecto evanxelizador de mozos en redes sociais.

Ás 14:00 horas terá lugar a comida e a tarde comezará cun concerto de Paola Pablo. Para finalizar, ás 18:00 horas celebrarase unha eucaristía na concatedral de San Xiao, presidida por monseñor Fernando García Cadiñanos, bispo de Mondoñedo-Ferrol.

Como indican desde a organización, o encontro está dirixido a todo aquel mozo que queira compartir con outros mozos a alegría da fe, e para todas aquelas persoas que acompañan e traballan por, para ou cos mozos (catequistas, axentes de pastoral, profesores de relixión…).

Para participar é necesario inscribirse previamente enchendo este formulario.

Máis información a través da web da delegación diocesana de Xuventude, as redes sociais das delegacións de Pastoral Xuvenil de Galicia ou no correo electrónico juventud@mondonedoferrol.org

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas