Ferrol acollerá o Día da IOAC-HOAC 2024

O pasado sábado, 11 de novembro, celebrouse en Santiago de Compostela unha reunión da IOAC-HOAC (Hermandad Obrera de Acción Católica) de Galicia, participando trece militantes en representación das dioceses de Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Santiago de Compostela e Tui-Vigo.

No encontro, acordouse o lugar e programa do Día da IOAC-HOAC para 2024, coordinado polas catro dioceses galegas, que terá lugar o 11 de maio en Ferrol. Ademais, concretouse a realización do curso de formación sobre Palabra de Deus, previsto para o segundo trimestre de 2024.

Na reunión puxéronse en común as planificacións das dioceses galegas para o bienio 2023/2024, no marco da campaña “Coidar o traballo, coidar a vida”, e efectuouse a valoración da participación deste movemento de traballadoras e trabadores cristiáns no Foro de Encrucillada do pasado outubro.

Asemade, as presidencias diocesanas que asistiron á Comisión Xeral do 4-5 de novembro, realizada en Madrid, compartiron as vivencias e as cuestións abordadas nesta reunión xeral, resaltando a importancia do Banco de Iniciativas e Recursos (BIR) ao dispor de toda a militancia.

Tamén se compartiron varios medios de comunicación da IOAC-HOAC e das publicacións, como o último libro “Camiñar xuntas e xuntos. Soñar a Iglesia, vivir a misión”, de Edicións HOAC.

Fuente: Arquidiocese de Santiago

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas