‘Ferrol Análisis’ preséntase en Mondoñedo cun número dedicado aos lazos históricos entre as capitais da diocese

  • O alcalde Manuel Ángel Otero e o bispo Fernando García Cadiñanos presidirán o acto o venres 19 de decembro no Salón de Plenos do Concello

Nun acto presidido polo alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero e o bispo da diocese de Mondoñedo–Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos, o Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo acollerá o vindeiro venres ,19 de decembro ás 13,00h, á presentación do número 35 da revista Ferrol Análisis.

Ferrol Análisis, a revista de pensamento e cultura que ven editando o Club de Prensa de Ferrol, grazas á colaboración da Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol, dedica no seu número 35, no capítulo “Vieiros de Irmandade“, unha serie de temas relativos á cidade mindoniense e os lazos históricos que se foron tecendo entre Mondoñedo e Ferrol no XX aniversario do seu irmanamento. Un aspecto que destaca a historiadora e directora da revista, Esperanza Piñeiro de San Miguel.

Tamén se recollen diversos e rigorosos estudos, entre os que se poden citar o relativo á “Formación e rehabilitación da Cidade de Mondoñedo e os seus barrios históricos (San Lázaro e os Muíños)“, que analiza a arquitecta Marta Candocia Acción; ou o dedicado a “Os cantores do Nadal en Mondoñedo”, do que é autor, Félix Villares Mouteira, deán da catedral mindoniense; ou o relativo ás singularidades do “Museo de la Catedral de Mondoñedo: custodios de una belleza sacra sin igual“, de Blanca Ruiz.

No acto participarán ademais do alcalde mindoniense e o bispo de Mondoñedo-Ferrol, a presidenta do Club de Prensa, Julia Díaz; a directora da revista, Esperanza Piñeiro de San Miguel; a arquitecta Marta Candocia; e o deán da Catedral, Félix Villares. A entrada ao acto é aberto ao público completar aforo.

Fuente: Club de Prensa Ferrol

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas