Festa da Asunción da Virxe na catedral de Mondoñedo

O vindeiro 15 de agosto celebrarase a festa grande da catedral de Mondoñedo, consagrada baixo a advocación da Asunción da Virxe.

Con este motivo, como vén sendo habitual, cantaranse solemnemente as vésperas o luns 14 de agosto ás 19:00 horas, coa participación do cabido catedralicio, que previamente se reunirá en sesión capitular. A continuación, a Coral Polifónica Ferrolana «A Magdalena», que será a encargada do canto vespertino, ofrecerá tamén un concerto no que intervirán a soprano Patricia Rodríguez e o organista Carlos J. Fernández. A entrada é libre.

O martes 15 de agosto, ás 12:00 horas, celebrarase a misa solemne, presidida polo bispo da diocese, monseñor Fernando García Cadiñanos. Na mesma intervirá o Coro “Capella Sine Vinculis” (Países Baixos). Este mesmo coro ofrecerá un concerto (con entrada libre) o domingo 13 de agosto (20:00 horas) no templo catedralicio. Este grupo coral, radicado en Holanda, participa en numerosos servizos relixiosos da tradición anglicana e tamén en moitos concertos no seu país.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas