Acción de grazas por don Jesús, o cura de Begonte, exemplo de entrega á comunidade

  • A parroquia recoñece a traxectoria pastoral dun sacerdote cercano e discreto, referente espiritual para varias xeracións de veciños e alumnos

A comunidade de Begonte rendeulle o pasado martes 20 de xaneiro, e coincidindo coa visita pastoral do bispo diocesano, unha emotiva homenaxe a don Jesús, coñecido por varias xeracións como “o cura de Begonte” e “o cura do Belén”, pola súa longa traxectoria de servizo á Igrexa e ás parroquias da zona. O sacerdote, moi querido e respectado polos veciños, foi lembrado pola súa entrega, a súa cercanía e o seu testemuño de fe ao longo de décadas de ministerio.

Durante o acto subliñouse o fonda pegada que deixou como profesor de Relixión, formando a numerosas xeracións non só en contidos, senón tamén en valores como o respeto, a fe, o compromiso e o amor aos demais. Moitos antigos alumnos recordaron as súas clases “sinxelas pero intensas”, a súa capacidade para manter unidas aulas cheas de nenos inquedos e o seu estilo próximo, sempre atento ao que sucedía entre os pupitres.

Tamén se puxo en valor o papel decisivo de don Jesús na vida pastoral de Begonte e no belén, proxecto que consolidou e que hoxe é coñecido máis aló de Galicia como un espazo de encontro, ilusión e transmisión de valores. A súa presenza constante, coa inseparable sotana e disposto a colaborar en todo, desde construír casiñas ata montar camiños de pedra, converteuno nun referente espiritual e humano para toda a comunidade.

Os participantes destacaron igualmente a súa maneira sinxela e profunda de celebrar a Semana Santa co colexio, axudando aos nenos a comprender o sentido do sufrimento de Xesús na cruz, así como a súa defensa do nome do colexio Virxe do Corpiño, tan ligado á parroquia.

Aínda que agora xa non leva sotana, don Jesús continúa sendo unha persoa de profunda fe, que participa con frecuencia na misa e colabora nalgunhas partes da celebración. No acto aproveitouse tamén para agradecer a labor dos actuais párrocos, Óscar Fernández e Darío Trujillo, pola súa preocupación porque don Jesús se atope ben e pola continuidade da súa entrega pastoral ao servizo da comunidade.

DESCARGA: Documento “Acción de grazas polo ministerio de don Jesús Domínguez Guizán” (PDF)

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas