Homilía en el funeral por monseñor Uxío García Amor

Mis primeras palabras quiero que sean de saludo a todos los presentes. Especialmente a vosotros, hermanos y sobrinos de don Uxio. Gracias por vuestra preocupación y por haber estado siempre tan cerca de don Uxío. Para mí ha sido todo un modelo y ejemplo de cercanía que ha sido todo un ejemplo para la vida de muchos sacerdotes. Gracias por haber compartido a vuestro hermano y tío con nosotros.

Un saludo también a todos los sacerdotes que estamos aquí presentes acompañando en esta eucaristía por don Uxío. Nuestra presencia aquí demuestra también esos lazos sacerdotales de fraternidad que nacen en el sacramento del Orden. El presbiterio es nuestra familia que tenemos que cuidar y fomentar.

Un saludo a la Coral Polifónica de Villalba por estar hoy aquí acompañando esta celebración y ayudándonos a rezar. Una coral en la que don Uxío tanto participó y que muestra su faceta musical para animar la alabanza a Dios, la belleza de la música y la oración a través del canto.

Saludos a todos y cada uno de los que estamos aquí y que llenamos esta iglesia en la que tantas veces predicó y acompañó nuestro hermano don Uxío.

Mis primeras palabras son para disculparme por no haber podido participar ayer en el funeral de don Uxío como debiera de haber estado. Obligaciones familiares me impidieron estar con vosotros en la catedral de Mondoñedo, obligaciones que no pude trasladar.

Junto a ello, mi acción de gracias al Padre por la vida de don Uxío. Os confieso que es una gozada hoy poder agradecer la vida de un sacerdote bueno que ha sido instrumento en las manos de Dios para mediar su gracia y aportarnos a través de su debilidad tantas gracias y tanta cercanía de Dios. ¡Hay tantas facetas y aspectos en la vida de don Uxío que nos ha acercado a Dios! Por eso, nuestro encuentro hoy se convierte en una celebración. Puede parecer paradójico que celebremos la muerte, pero en un hermano como don Uxío así sucede: celebramos la muerte porque se convierte en signo de resurrección, porque ha sido grano de trigo que entregado ha dado mucha vida. Así sucede con los que se unen a Cristo, con los que se identifican con él. Que son generadores de vida, de vida abundante personal y socialmente. Por eso hoy nuestra despedida, en esperanza, se convierte en celebración. Celebración de cómo el Señor nos acompaña. Celebración que hace realidad el evangelio que hoy hemos proclamado: nuestro trabajo es creer en Cristo, el tesoro que la vida de don Uxío nos ha mostrado.

Me vais a permitir leer un artículo que tuve que escribir hace dos años con motivo de una publicación en una página web sobre don Uxío. A través del testimonio de personas pude recoger este pequeño escrito que me parece resume muy bien la vida y obra de don Uxío, para que quede no sólo como memoria, sino como acicate en nuestra vida de discipulado y de seguimiento de Jesús.

Mestre de vida sacerdotal e de humanidade
Na persoa de don Uxío mestúranse diferentes facetas que é bo lembrar. Profundo humanista, trátase dun deses homes de Igrexa que souberon achegar, desde a auténtica sabedoría, camiños de desenvolvemento e de humanidade. E todo iso desde a certeza de que a fe, aínda que algúns a relacionen coa escuridade, é un ala que nos axuda a sobrevoar e albiscar horizontes con máis claridade.

Unha formación moi completa
Todos sabemos que Uxío destacou pola súa formación académica. Tras o seu paso polo Seminario de Mondoñedo, e cun magnífico expediente, é enviado a Roma. Sempre lembrará de bo grado o seu paso pola cidade eterna, tanto na Universidade Gregoriana, como no Pontificio Instituto Bíblico ou no Colegio Español de San José. Non en balde, conseguiu bolsas para sacerdotes da diocese que foron enviados posteriormente alí. Os seus excelentes dotes como estudante e a súa calidade humana tamén lle valeron o aprecio da Academia Pontificia de Música Sacra. De Roma regresou cunha formación moi completa, pois os momentos a vivir así o esixían. Ademais do seu expediente, seguiu cultivando a vea poética de artista. Vale tamén a pena lembrar da súa estancia en Roma a súa pertenza ao famoso grupo Estría, da época de Martin Descalzo ou de afamados biblistas españois como Luís Alonso Schökel, como lembraba Joaquín Luís Ortega.

Mestre de cultura
Ao regreso a Mondoñedo a súa misión sacerdotal foi o Seminario. Desde as aulas desbordaría ilusión: quería contaxiar o amor á sabedoría que el albergaba e cultivaba. Foi profesor de Sacra Escritura, Lingua e literatura españolas, de Grego, Fancés, Música e Historia do Arte. Nos primeiros tempos de profesor foi tamén director da Schola Cantorum do seminario, vicerreitor e formador. Na catedral foi tamén mestre de capela. A súa paixón pola música levouno a dirixir varias corais, tanto en Mondoñedo como nos lugares nos que foi desenvolvendo a súa misión pastoral con posterioridade.

Cos aires renovadores do Concilio Vaticano II
O momento eclesial que viviu foi moi interesante. Educado nunha época, sóubose enfundar os esquemas novos que ían xurdindo para a comprensión dos novos aires que se impoñían como necesidade e autenticidade evanxélica. Don Uxío formou parte importante dunha serie de sacerdotes diocesanos que trouxeron de fóra os aires de renovación que xa se respiraban noutros lugares de Europa. Será por iso que sempre foi percibido no seo deste presbiterio mindoniense coma un home aberto a valorar as achegas alleas, sempre cun espírito construtivo. Don Uxío fixo verdade aquilo que a constitución Gaudium et Spes dixo con palabras inesquecibles: “Os gozos e as esperanzas, as tristezas e as angustias dos homes do noso tempo, sobre todo dos pobres e de cantos sofren, son á vez gozos e esperanzas, tristezas e angustias dos discípulos de Cristo”.

Un humanista humilde
A enorme formación de don Uxío non foi causa de gloria propia senón que, ao revés, achegouno máis á xente con espírito de bo pastor. Co corazón cheo de esperanza e de alegría, os seus xuízos sobre os demais sempre foron moi ponderados, respectuosos, sabendo sacar a relucir sempre o positivo antes que o negativo. Será que leva dentro esa capacidade do artista escultor para sacar á luz a obra a base de paciencia. A súa obra literaria é amplísima. Os sacerdotes sabemos tamén dos versos que todos os anos dedicaba aos sacerdotes que cumprían vodas de prata e ouro, sempre unha síntese marabillosa da súa vida plasmada en poesía.

Un bo pastor
Pero, ante todo, don Uxío é un sacerdote. A Xesucristo, que o chamou desde neno, entregoulle toda a súa vida e todo o seu quefacer. As súas poesías e as súas músicas diríxennos cara a el.

Permitidme leer dos de sus poesías que hablan de la esperanza en la Resurrección que hoy celebramos y que rezamos en la Liturgia de las Horas en su edición gallega.

As súas conversacións e diálogos apúntannos cara a el. Entusiasmado no ministerio e na entrega ás persoas que se lle confiaron. E é que don Uxío non se asentou nun sitio, senón todo o contrario, foi alí onde o seu bispo o necesitaba, como un servidor bo e fiel (Mc 9,35).

Cóntanme que, entre as decisións máis importantes foi a de crear o Teologado de Mondoñedo-Ferrol para a residencia dos seminaristas que se estaban formando no Instituto Teolóxico Compostelán.

Pero gustaríame destacar que foi un pioneiro da formación permanente nas súas facetas que chama Pastores Dabo vobis: humana, intelectual, espiritual e pastoral.

Chámame a atención que significa unha referencia indiscutible para o clero da nosa diocese. Sen dúbida contribuíu a iso a súa calidade humana, especialmente a súa humildade. A súa calidade intelectual, que xa destaquei, e o seu celo pastoral, que sempre foi envexable. A iso contribuía o seu convencemento de que o presbiterio como familia faise desde os pequenos detalles. Baste lembrar que, como administrador diocesano, atendía parroquias no seu concello natal, facendo máis de 120 quilómetros cada vez, ademais de substituír a todo sacerdote que llo pedise.

Un podería dicir ao final: dada a súa formación podería ser unha gran figura, un gran bispo, unha referencia intelectual… Pero don Uxío preferiu estar na periferia e sinxeleza desta diocese… e iso é marabilloso. Soubo comprender que un non pode abandoar á súa familia, a unha diocese pequena e pobre, aínda que esta non o aprecie todo o que merece, aínda que non poida desenvolver todo o que vale. Por iso, pola súa inmensa xenerosidade, foi unha bendición e unha inmensa fortuna telo entre nós.

Igrexa parroquial de Santa María de Vilalba, luns 5 de maio de 2025

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas