Cáritas Diocesana organiza o 10 de xuño a II Andaina Solidaria Inclusiva a favor de Cáritas, con saídas ás 11:00 horas desde a igrexa de San Nicolás de Neda e da Praza de Armas de Ferrol, confluíndo os dous roteiros na Praza de Galicia de Narón, onde se ofrecerá unha botella de auga, unha barra enerxética e unha peza de froita.
Coa II Andaina Solidaria Inclusiva promóvense os seguintes valores:
· A integración, ao ser aberta e permitir a posibilidade de participación de toda persoa interesada.
· A promoción dos estilos de vida saudable, ao realizar exercicio físico cunha distancia de 7 quilómetros, alcanzable para todas as idades.
· A solidariedade e unión fraterna, ao camiñar todos os participantes unidos por unha mesma causa, como é a captación de fondos para a cobertura das necesidades básicas das persoas vulnerables que acompaña Cáritas Diocesana (alimentación, vestido, hixiene…).
· A promoción do Camiño Inglés, como patrimonio histórico, cultural e relixioso.
Pódense adquirir os dorsais de participación e os dorsais solidarios que se desexen en:
· As Cáritas parroquiais/UPA de Ferrol, Narón e Meirás.
· As confrarías da Semana Santa Ferrolá.
· A recepción do Centro de Día de Inclusión Social “Gabriel Vázquez Seijas”.
· O mesmo día da andaina nos puntos de saída.
A través do Bizum 38378 ou da páxina web www.caritas.es/mondonedoferrol pódese facer unha doazón solidaria poñendo no concepto “II ANDAINA SOLIDARIA INCLUSIVA”.
Esta acción conta coa colaboración dos concellos de Narón e Ferrol, e dos supermercados Eroski e Froiz.
? #PRENSA ? Cáritas vuelve a caminar por la inclusión y por el Camiño Inglés
? Serán cinco kilómetros en un circuito urbano por el centro de #Ferrol, con salida y llegada en la Plaza de Armas @CaritasMondoFer @camino_xacobeo @caminoinglesofihttps://t.co/LniaM57rov
— Diócesis de Mondoñedo-Ferrol (@mondonedoferrol) May 22, 2023







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















