Amigo xa chega a outonía estacional e metereolóxica. E a outonía vital. Ai! Nesa, moitos xa estamos vitalmente metidos e con ánimos medrados desde hai lustros.
Non vedes de branco “lustroso e lustral” as nosas canas? Estamos na nosa primavera. E isto cómpre celebralo con festa comunitaria.
Nós, só en Mandiá e Marmancón- Ferrol, xa somos 150 venerábeis autumnais. E imos celebralo comunitariamente, coma cando eramos mozos nos nosos rueiros. Por iso cho comunicamos a tempo. Porque é comunitario. E felicítanos que ben o merecemos. Nós xa o estamos a facer contigo e “contiga”. Unha aperta.
FESTA DOS MAIORES
7 OUTUBRO 2017 – 5h. TARDE
MANDIÁ: IGREXA PARROQUIAL
• QUEREMOS ENCHER DE VIDA A NOSA PARROQUIA
• POÑAMOS UN RAMO DE VIDA NA VIDA DOS MAIORES
• UNHA HOMENAXE PARA OS NOSOS ANCIÁNS E ANCIÁS
• UN AGRADECEMENTO EMOCIONADO AOS NOSOS MAIORES
• AOS ANCIÁNS MÁIS ANCIÁNS. TENDELO BEN MERECIDO
OBXECTIVOS
• Celebrarmos a vida dos vivos e a memoria dos anteriores
• Saírmos das casas para sabermos uns dos outro
• Vérmonos fisicamente
• Non perdérmonos as caras
• Unir o mundo dos maiores e o mundo dos novos
• Festexarmos xuntos e falármonos con paz e tranquilidade
• Volver á vida da parroquia aínda que só sexa por un día
• Recordarmos agradecidos aos nosos anteriores
• Se nos encerramos perdémonos de vista e perdemos moita vida. Somos unha familia e queremos celebralo
PROGRAMA: “E POLO ROSARIO, UN ROSARIO DE ZONCHOS”
• A CONVIVENCIA DA OUTONÍA
• FESTIÑA E DIVERTIMENTOS
• MERENDA E MAGOSTO
• DESPEDIDA
VINDE Á FESTA!
“Nós, só en Mandiá e Marmancón- Ferrol, xa somos 150 venerábeis autumnais. E imos celebralo comunitariamente, coma cando eramos mozos nos nosos rueiros”








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















