- A directora de Cáritas diocesana de Mondoñedo-Ferrol asume a responsabilidade autonómica, que se renova cada catro anos entre as entidades diocesanas galegas
Con data 1 de febreiro, María Victoria González, directora de Cáritas diocesana de Mondoñedo-Ferrol foi nomeada tamén directora de Cáritas federadas en Galicia. Esta federación está conformada actualmente polas Cáritas de Santiago, Ourense, Tui-Vigo e a propia de Mondoñedo-Ferrol.
A dirección da federación pasa de maneira rotativa por cada un dos directores das Cáritas diocesanas que o compoñen. O cargo osténtase por catro anos. María Victoria accede á dirección relevando no posto a María Tabarés, actual directora de Cáritas Ourense.
O obxectivo desta federación é “coordinar, orientar, promover e federar a acción caritativa e social no ámbito das dioceses”. Os seus fins son desenvolver accións de inclusión, coordinar e promover iniciativas, estudar problemáticas comúns e levar a cabo campañas de sensibilización, entre outras.
Desde a súa creación vaise desenvolvendo un traballo interesante de intercambio de experiencias e de proxectos comúns. Ademais, coordínanse coa Administración autonómica á hora de promover políticas sociais e na procura de recursos. Organizan tamén actividades formativas comúns para os traballadores e axentes de Cáritas e convocan anualmente unha xornada autonómica de voluntariado. Teñen tamén asinados acordos con fundacións a nivel autonómico e desenvolven actividades de apoio ás Cáritas federadas.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















