Mesa redonda en Mondoñedo: “Os Reis Magos: memoria, iconografía e literatura”

Co gallo da clausura do belén da catedral de Mondoñedo, a Asociación de Belenistas da Diocese de Mondoñedo-Ferrol reunirá nunha mesa redonda a un grupo de expertos para reflexionar sobre os Magos de Oriente, e facelo desde tres puntos de vista: a literatura, o patrimonio e a memoria. Será o vindeiro sábado 27 de xaneiro ás 20:00h na Sala de Cóengos da catedral de Mondoñedo, baixo o título: Os Reis Magos. Memoria. Iconografía. Literatura: Unha viaxe máxica dende o belén da catedral de Mondoñedo á infancia de Carlos Casares.

No acto participarán Xavier Casares Mouriño, presidente da Fundación Carlos Casares; Carlos Henrique Fernández Coto, presidente de APATRIGAL; Ramón Loureiro, escritor e xornalista; e Gustavo Adolfo Garrido, padroeiro da Fundación Carlos Casares. José Luis Fernández (Keno), presidente da Asociación de Belenistas de Mondoñedo-Ferrol encargarase de modera a mesa.

O acto está organizado pola Asociación de Belenistas de Mondoñedo-Ferrol, coa colaboración do cabido catedralicio, a Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL) e a Fundación Carlos Casares. A entrada é libre.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas