- A diocese mostra a súa proximidade ás familias dos finados e á Igrexa de Toledo tras o choque de dous trens de alta velocidade
A Diocese de Mondoñedo-Ferrol uniuse este mércores ás mostras de condolencia e apoio pola traxedia ferroviaria acontecida en Urda (Toledo), onde a colisión de dous trens de alta velocidade deixou, segundo o último balance, polo menos 68 persoas falecidas e máis de 180 feridas.
A través das súas canles oficiais, a diocese expresou a súa unión en oración coas familias das vítimas e coas persoas afectadas polo accidente. “Rezamos polos finados, para que o Señor os acolla na súa paz, e polos feridos, para que recobren axiña a saúde”, sinalou, que tamén quixo trasladar a súa cercanía á Igrexa irmá da Arquidiocese de Toledo.
O bispo de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos, dirixiu unha mensaxe aos fieis na que invita a elevar a oración a Deus “no medio do dor e da cercanía ás vítimas e as familias” do accidente. O prelado pide que o Señor consuele “nos nosos medos e interrogantes” e abra o camiño á esperanza.
Ademais, monseñor García Cadiñanos convida a ofrecer a misa celebrada este xoves por todas as vítimas da catástrofe.
A Conferencia Episcopal Española tamén trasladou as súas condolencias ás familias das vítimas e uniuse ao dor das persoas afectadas polo siniestro. Na súa nota de prensa, o episcopado pide oración nas celebracións das comunidades cristiás polos falecidos e pola recuperación dos feridos, e encomenda igualmente a quen traballa nas labores de emerxencia e acompañamento.
Ver esta publicación en Instagram
Portada: Cadena SER









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















