Con data 29 de xuño de 2024, o Sr. Bispo da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos, nomeou como comisarios solidarios da Confraría da Santísima Virxe da Soidade de Ferrol ao Rvdo. D. Cándido Jesús Otero López, delegado diocesano de Liturxia e Confrarías, e a D. José Evia Gende, irmán maior en funcións.
O nomeamento foi consecuencia da visita formal realizada á confraría en días anteriores ao observar que “non se cumpriron nas eleccións algúns requisitos de validez establecidos polos estatutos da confraría”, como o que se dispón no artigo 26 e outras cuestións referidas ao censo. O comisariado, que “non pon en cuestión o labor desta confraría nin o desempeño xeneral da súa Xunta de Goberno”, e que non ten fixada unha temporalidade, ten o mandato de realizar un labor de “revisión interna que ha de facerse antes de que poida convocarse de novo un proceso electoral coas debidas garantías e dacordo co establecido nos estatutos”.



Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.























