O clero galego celebrará en Poio a 30ª edición das Xornadas Sacerdotais de Galicia

A piques de rematar o verán, comezan a chegar as primeiras convocatorias para a posta en marcha dun novo curso pastoral, o 2024-2025. A primeira data salientable no calendario da Igrexa galega volve ser a celebración dunha nova edición das Xornadas Sacerdotais do Clero de Galicia, que como cada ano, e neste cumpriranse trinta, teñen lugar no mosteiro mercedario de Poio. Baixo o lema “Sacerdote orante, fonte de comuñón”, reunirá neste cenobio pontevedrés a centos de sacerdotes chegados das cinco dioceses de Galicia durante os días 15, 16, 17 e 18 deste mes de setembro. A cita está organizada conxuntamente polas delegacións do Clero das cinco dioceses galegas.

O programa oficial é o seguinte:

Domingo 15
21:00 h. Acollida. Cea.

Luns 16
10:00 h. Acollida e reparto da documentación.
11:00 h. Oración e presentación.
11:15 h. Relatorio “A oración de Xesús, modelo de oración dos discípulos misioneiros”, por Ángel Moreno Sancho, sacerdote e escritor.
12:15 h. Descanso.
12:45 h. Relatorio “A Igrexa, construtora do ben común”, por Ángel Moreno Sancho, sacerdote e escritor.
14:00 h. Xantar e descanso.
16:30 h. Relatorio “Claves de comunicación persuasiva”, por Arturo Gómez Quijano, catedrático da facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense.
17:30 h. Descanso.
18:00 h. Relatorio “Comunicando o evanxeo”, por Arturo Gómez Quijano, catedrático da facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense.
19:00 h. Descanso.
19:30 g. Véspera-Eucaristía.
21:00 h. Cea.
22:00 h. Momento de tertulia e compartir.

Martes 17
08:30 h. Laudes-Eucaristía.
09:30 h. Almorzo.
10:30 h. Lectio Divina, dirixido polas MM. Cistercienses do mosteiro de Armenteira.
11:30 h. Descanso.
12:00 h. Obradoiro “Sobre a Lectio Divina”, dirixido polas MM. Cistercienses do mosteiro de Armenteira.
14:00 h. Xantar.
16:30 h. Excursión a Cambados.
19:00 h. Vésperas en Armenteira.
21:00 h. Cea (opcional).

Mércores 18
08:30 h. Laudes-Eucaristía.
09:30 h. Almorzo.
10:30 h. Relatorio “Ministerio orante: a oración na vida do sacerdote”, por Florentino Pérez Vaquero, director do Secretariado da Subcomisión episcopal de Seminarios da CEE.
11:30 h. Descanso.
12:00 h. Relatorio “A liturxia das horas”, por Florentino Pérez Vaquero, director do Secretariado da Subcomisión episcopal de Seminarios da CEE.
13:00 h. Comunicacións: “Sínodo dos Bispos”, por Antonio Rodríguez Basanta, delegado do Clero da diocese de Mondoñedo-Ferrol. “Xubileo 2025”, por Santiago Romero, delegado para o Xubileo da arquidiocese de Santiago de Compostela.
14:00 h. Xantar e despedida.

DESCARGA: Tríptico Xornadas Poio 2024

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas