- A novena comezou o venres 4 e culminará o domingo coa eucaristía presidida polo bispo diocesano e a ofrenda da alcaldesa de Vilalba
O santuario da Nosa Señora dos Remedios de Mondoñedo acolle estes días os actos relixiosos con motivo da festa grande na honra da Virxe dos Remedios, patroa da cidade e de toda a diocese mindoniense-ferrolá.
A novena, que deu comezo o pasado día 4, celébrase ás 9:00 e ás 19.30 horas. Nesta última quenda ten lugar a predicación, que este ano desenvolveron os sacerdotes José Boullosa, Benito Méndez e Óscar Fernández. Da parte musical encargouse o Coro Mindoniense.
O día grande terá lugar este domingo ás 12:00 horas, coa celebración eucarística presidida polo bispo diocesano, monseñor Fernando García. Durante a cerimonia celebrarase a ofrenda á Santísima Virxe dos Remedios, que neste 2026 presentará a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco. Deste modo, mantense a tradición de que a ofrenda sexa realizada polos rexedores dos distintos partidos xudiciais da diocese de Mondoñedo-Ferrol. A música correrá a cargo da Coral Polifónica Vilalbesa.
Ese mesmo día haberá ademais celebracións eucarísticas no santuario ás 10:00, 11:00, 13:30, 18:00 e 19:00 horas.
O luns 14, día dedicado á Confraría, celebrarase unha eucaristía ás 12:30 horas no santuario por todos os defuntos da mesma.









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















