Máis de 150 cregos de toda Galicia, así como os bispos das cinco dioceses galegas, congregáronse esta mañá no santuario dos Milagres, na diocese de Ourense, participando así na peregrinación do clero no marco do Ano Xubilar 2025, coincidindo coa festa do seu patrón, san Xoán de Ávila.
Contouse tamén coa presenza nesta celebración do arcebispo emérito de Pamplona e Tudela, monseñor Francisco Pérez González, quen guiou co seu testemuño a catequese inicial que deu paso, a media mañá, á celebración penitencial e, ás 13:00 horas, a concelebración eucarística.
Nesta xornada os sacerdotes fixeron profesión da súa fe e rezaron, de xeito especial, polo papa Francisco e polo novo pontífice, León XIV.
Un grupo de sacerdotes da nosa diocese desprazáronse ata Ourense para participar nos actos relixiosos e festivos, acompañados do bispo García Cadiñanos e do delegado diocesano do Clero, Antonio R. Basanta.














Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















