- Organizada pola vigairía para a Caridade, terá lugar o sábado 15 de novembro en Ferrol, no marco da celebración da IX Xornada Mundial dos Pobres
O vindeiro 16 de novembro a Igrexa celebra a IX Xornada Mundial dos Pobres, co lema «Ti, Señor, es a miña esperanza» (Sal 71,5).
Esta xornada é unha invitación a cruzar as fronteiras sociais, tal e como se indicaba no 2017 cando o papa Francisco convocaba por primeira vez esta xornada: “… Non pensemos só nos pobres como os destinatarios dunha boa obra de voluntariado para facer unha vez á semana, e menos aínda de xestos improvisados de boa vontade para tranquilizar a conciencia. Estas experiencias, aínda que son válidas e útiles para sensibilizarnos acerca das necesidades de moitos irmáns e das inxustizas que a miúdo as provocan, deberían introducirnos a un verdadeiro encontro cos pobres e dar lugar a un compartir que se converta nun estilo de vida… Esta Xornada ten como obxectivo, en primeiro lugar, estimular aos crentes para que reaccionen ante a cultura do descarte e do malgaste, facendo súa a cultura do encontro… É o meu desexo que as comunidades cristiás, na semana anterior á Xornada Mundial dos Pobres (…) comprométanse a organizar diversos momentos de encontro e de amizade…”.
Acto de presentación da exhortación “Dilexi te”
Nesta edición, ademais de animar a cada comunidade parroquial/UPA a organizar os seus encontros de amizade social, desde a vigairía para a Caridade queren promover o coñecemento da exhortación apostólica “Dilexi te” (sobre o amor aos pobres) do papa León XIV, recentemente publicada e que nas súas primeiras páxinas fai referencia á conexión que existe entre o amor de Cristo e a súa chamada para achegarnos aos pobres, porque “o contacto con quen non ten poder nin grandeza é un modo fundamental de encontro co Señor da historia”.
O acto de presentación será o sábado 15 de novembro, ás 18:00 horas, no local da delegación diocesana de Pastoral Xuvenil, na rúa Magdalena, número 153, de Ferrol. Contará coas intervencións do bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos; o relixioso mercedario e profesor do Colexio Tirso de Molina, P. César Carreño; o responsable dos proxectos de provincia europea das Oblatas, Roberto Ferreiro; e a psiquiatra Rosa Laura Montes de Oca. A entrada é libre ata esgotar o aforo.









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















