A instalación de estadas na fachada da igrexa parroquial de Santa María de Vilanova de Lourenzá (para a execución dos traballos de restauración acometidos hai uns meses pola Consellería de Cultura) permitiu observar unha importante deterioración da cruz de ferro que remata o corpo superior da torre da igrexa.
Dada a altura á que se acha este elemento, uns 35 metros, contratouse unha auto-guindastre con cesta para poder ser observada polos servizos técnicos do bispado, concluíndo que existía un risco certo de caída da cruz, que presentaba un nivel de oxidación extremo, e tamén de desprendemento de pedazos do remate de pedra. Por iso procedeuse nun primer momento á retirada urxente da devandita peza. Nun segundo momento, baixo a dirección facultativa de José María Alonso e coa preceptiva autorización da Dirección Xeral de Patrimonio, procedeuse á reprodución exacta dos elementos pétreos e metálicos do remate de imposible recuperación e á súa colocación. Ademais, aproveitouse a intervención para a reparación e posta en funcionamento do pararraios, así como para realizar unha limpeza e recintado de xuntas dos perpiaños da cúpula da torre.
As actuacións levadas a cabo supuxeron un importe de 33.370,99 euros, asumidos integramente polo bispado de Mondoñedo-Ferrol.











Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















