Días 1 e 2 do mes de outubro co lema “Acompañar: axudando a ser protagonistas”
A Casa de Exercicios de Santiago de Comostela acolllerá durante os días 1 e 2 de ocutubro o Encontro de Axentes de Pastoral Familiar de Galicia. nesta ocasión baixo o lema “Acompañar: axudando a ser protagonistas”.
Para formalizar a inscrición pódese facer escaneando directamente o código QR do cartel oficial, contactando coa delegada diocesana de Leigos, familia e Vida, Mar Sarmentero, no teléfono 699 417 676; o remitindo un email á delegación, na dirección laicos@mondonedoferrol.org.
Poderán participar todos os axentes de pastoral (matrimonios e sacerdotes) que traballan nas UPA/parroquias con familias ou que se sentan chamados a traballar nese ámbito vital para a sociedade e a Igrexa.
Está prevista a participación de Miguel de la Mata, OFM, experto no tema, e conectarase en directo con matrimonios doutras delegacións con experiencia no acompañamento a parellas, matrimonios e familias.
Desde a delegación de Leigos, Familia e Vida da nosa diocese faise un chamamento á participación neste encontro para “ser discípulos misioneiros no medio das familias” e para que, como axentes de pastoral, “podamos axudar a que descubran como o Señor se fai presente na súa vida e é motor do seu amor”.
Lembramos o que nos di o papa Francisco: “Casar e compartir a vida é algo fermoso. É unha viaxe comprometida, ás veces difícil, ás veces complicado, pero paga a pena animarse. E nesta viaxe de toda a vida, a esposa e o esposo non están sós; acompáñaos Xesús”.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















