As Fillas do Divino Celo Rogacionistas e Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol estableceron un convenio marco co obxectivo de enmarcar e coordinar actuacións conxuntas en favor da infancia, xuventude e as súas familias.
Compartindo o seu desexo de traballar conxunta e coordinadamente, as dúas institucións suman, deste xeito, esforzos para establecer camiños de actuación que favorezan e incrementen a consecución do obxectivo común de promover o desenvolvemento integral humano, contribuir á transformación social e individual das persoas excluídas e vulnerables e combater as causas da pobreza e a violencia.
Ámbalas dúas entidades valóranse e recoñecen o traballo desenvolvido e desexan colaborar en proxectos socioeducativos e psicosociais en favor da infancia, xuventude e as súas familias no territorio desta diocese.
A raíz deste convenio, estase a traballar xa de forma conxunta en proxectos concretos para a súa implantación en localidades de A Mariña.








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















