COPE Ferrol presenta a décima edición da publicación "Pasión Ferrolana"

O Parador de Turismo de Ferrol acolleu este pasado xoves a presentación do libro “Pasión Ferrolana”, que edita COPE Ferrol, e que cumpre neste ano 2023 a súa décima edición.

Trátase dun proxecto no que a historiadora Ana Martín nos achega moitos dos detalles da Semana Santa de Ferrol, das confrarías, das imaxes, de personalidades que forxan a tradición ou das agrupacións musicais, mentres que da fotografía se encargou Jorge Meis. Neste ano, entre os contidos, o libro céntrase no “desencravo” do Santo Enterro ou na coroación da Virxe das Angustias.

Na presentación de onte déronse cita, entre outros, o bispo da nosa diocese, monseñor Fernando García Cadiñanos, o deputado autonómico popular José Manuel Rey Varela, o alcalde de Ferrol, Ángel Mato e representantes das confrarías, como o presidente da Coordinadora, Cesar Carreño.

A publicación, «Pasión Ferrolana, testimonios de la luz» é unha edición especial que se poderá conseguir nos establecementos colaboradores e tamén na emisora de COPE Ferrol, situada no número 5-6, 1º, da Praza de España, ata fin de existencias.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas