Convenio de colaboración Xunta-Diocese para a rehabilitación da concatedral e a igrexa de Dores

O bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos, estimou que a “Semana Santa do próximo ano sairá desde a igrexa de Dores”, unha manifestacións realizadas na tarde deste martes, 28 de marzo, tras asinar un convenio de colaboración co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, en virtude do cal a Xunta achegará mais de 750.000 euros para finalizar as obras deste lugar de culto e tamén actuacións de mantemento na concatedral de San Xiao.

Dita convenio foi ratificado no edificio administrativo da Xunta en Ferrol, na Praza de España, onde García Cadiñanos detallou que “todos os ferroláns alégranse, xa que grazas a este proxecto de investimento, unido a outro de 100.000 euros, da propia Diocese e das achegas dos fieis, permitirá abrir ao público”.

Ademais, o bispo ratificou que “a igrexa de Dores, tan significativa para a Semana Santa, pois este ano non, pero ao próximo, pois seguro que vai ser un punto de encontro, e oxalá que se poida, como é a nosa intención, abrila ao público diariamente”.

En alusión á concatedral de San Xiao, a actuación prevista “conseguirá asegurar un edificio que tiña grandes deficiencias en todo o tema da torre esquerda, vista desde a fronte, que no seu momento desmontouse o catavento, e iso visibilizou, e así llo trasladamos á Xunta no seu momento, que teriamos que actuar para que este ben poida ser preservado”.


Actuacións

Pola súa banda, Román Rodríguez, nun acto ao que tamén asistiron a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e o deputado autonómico José Manuel Rey Varela, detallou que en San Xiao “procederase á restauración da torre norte coa limpeza de superficies, encintado e selaxe de xuntas ou a consolidación superficial dos elementos de cantería danada da fábrica de pedra da torre”.

Ademais, procederase á recolocación do vástago sobre o que se sustenta a bola, catavento, cruz e pararraios que foi retirado polo perigo de caída e a restauración, consolidación e reposición do capitel, incluíndo os traballos de desmonte e nova montaxe do mesmo. Para estes traballos está prevista unha achega superior aos 422.000 euros.

No caso de Dores, o investimento previsto será superior aos 335.000 euros, actuándose nas fachadas, na sancristía e no interior da nave. Deste xeito, procederase á limpeza e restauración, ademais de melloras na instalación eléctrica e de iluminación.

Fonte: COPE Ferrol

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas