A Igrexa celebra o VI Domingo de Pascua, o 14 de maio, a Pascua do Enfermo. Unha xornada coa que a Igrexa conclúe a Campaña do Enfermo baixo o lema «Déixache cativar polo seu rostro desgastado» que pon o foco no coidado dos maiores.
Materiais para a Campaña
O departamento de Pastoral da Saúde preparou unha serie de materiais para esta Xornada nos que explican as liñas fundamentais da Campaña, ofrecen uns temas para a formación e para reflexionar sobre o coidado dos maiores e un subsidio litúrxico para as celebracións eucarísticas do día. Ademais dun cartel e unha estampa.
Tede a certeza de estar cada un no “corazón” da Igrexa
O bispo responsable da Pastoral da Saúde, monseñor Vicente Ribas Prats, dedica as primeiras liñas da presentación dos materiais para saudar e agradecer a misión pastoral dos que «coidades a quen padece pola enfermidade e as limitacións que os anos nos van impoñendo». Unha misión pastoral que «sempre actualiza a caridade de Cristo que tivo nos que sofren aos seus preferidos. Tede a certeza de estar cada un no “corazón” da Igrexa».
Nesta Campaña do Enfermo, explica, «pónsenos en primeiro plano aos nosos maiores». Propónsenos «deixarnos cativar polo seu rostro” e acoller a invitación do papa Francisco de «volver crer no revolucionario da tenrura e do agarimo” (Evangelii gaudium 288).
«Convén máis que nunca -afirma- comezar unha reflexión coidadosa, clarividente e honesta sobre como a sociedade contemporánea debería “achegarse” á poboación de idade avanzada (Academia Pontificia para a Vida, A vellez: o noso futuro…). E puntualiza, «Non se necesitan estratexias, senón relacións humanas».
Formarse para o coidado
Os materiais de formación que editou o departamento de Pastoral da Saúde están orientados a axudar aos que traballan nesta pastoral e ás comunidades parroquiais que levan a cabo o labor de visitar e acompañar «a quen vive no outono da vida, deixándonos cativar pola súa mirada».
Propóñense distintos temas relacionados co coidado aos maiores e o acompañamento aos que acompañan, tanto familiares como profesionais. Ademais, dunhas propostas concretas na Pastoral do Maior.
Tamén se poden atopar entre os materiais da campaña cinco criterios para a reflexión: Promover unha actitude de estima cara aos maiores, a familia é o ámbito adecuado para o coidado dos maiores, integralos na misión evanxelizadora da Igrexa, coidar a espiritualidade dos maiores, e unha pastoral transversal e interxeracional.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















