Ao longo deste curso, a delegación diocesana de Laicos, Familia e Vida desenvolveu multitude de propostas e momentos para acompañar, formar, animar e desenvolver máis plenamente a vocación cristiá e familiar, proporcionando moitos momentos de encontro.
Ao rematar este curso, achégannos unha nova proposta. Entre o 16 e o 18 de xuño no Seminario de Mondoñedo terá lugar unha fin de semana para matrimonios e parellas para aprender técnicas de comunicación, aprender a coordinar e desenvolver proxectos xuntos e, ao mesmo tempo, facer do matrimonio cristián unha realidade máis plena e chea de vida a luz da fe.
O Encontro Matrimonial é “un movemento católico formado por matrimonios, parellas, noivos, sacerdotes e consagrados/a. O seu obxectivo é axudar a que as relacións sexan positivas e enriquecedoras, mellorando a comunicación entre as persoas e potenciando, no caso dos matrimonios casados sacramentalmente, consagrados e sacerdotes, a súa vocación e espiritualidade”.
A actividade comezará o venres 16 ás 20:30 horas e finalizará o domingo 18 ás 18:00 horas. Non se desenvolverá ningún debate en público, nin ningunha dinámica na que haxa que expoñer cuestións persoais nin sobre a vida da parella. O ámbito de parella e persoal respéctanse totalmente.
Para inscribirse ou recibir máis información podemos facelo a través do teléfono 692 78 58 15 e na conta de email galicia@encuentromatrimonial.com, así como na páxina web www.encuentromatrimonial.com
Ver esta publicación en Instagram







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















