Óscar Santiago, arcipreste de Mondoñedo: "Atopámonos nun dos arciprestados caracterizados pola forte presenza multicultural"

O arciprestado de Mondoñedo componse de 77 parroquias. Os nove sacerdotes que están ao cargo das mesmas reúnense na Casa das Monxas (Fillas da Virxe das Dores) de Ferreira de Valadouro, na parraoquia de Alaxe.

Xunto co arciprestado de Ferrol é o de maior presencia de vida relixiosa, contando coas Franciscanas da Purísima Concepción en Foz, as Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl en Mondoñedo, as Fillas do Divino Celo-Rogacionistas en Burela, as Fillas da Virxe das Dores en Ferreira e as Madres Concepcionistas Franciscanas de Mondoñedo.

Falamos co seu arcipreste, Óscar Santiago Sanmartín.

Que efectos tivo o plan pastoral na zona?
Traballamos especialmente o unificar os criterios da catequese na zona, para funcionar conxuntamente e nunha mesma dirección. Viviuse unha interesante experiencia de reunir aos catequistas e de realizar un bo traballo de coordinación en todo o arciprestado. Satisfeitos coa organización así mesmo dos cursos prematrimoniais, das tarefas e xestión das Cáritas das nosas parroquias, onde continuamos proxectos para promover e formar en informática e costura, como un curso que se clausurará a próxima semana en Alfoz. Tivemos diferentes charlas, como a impartida pola avogada de Cáritas sobre a Lei de estranxeiría; na Cáritas de Foz destacamos o convenio coa Xunta de Galicia. Son moi de estimar os traballos das Fillas do Divino Celo co centro de menores, da entrega nos coidados que realizan as Fillas da Caridade en Mondoñedo ou o ensino das relixiosas de Foz. E non podemos deixar de nomear ao colexio católico Martínez Otero como un importante referente en Foz e a súa zona. E non nos esquecemos das Madres Concepcionistas quenes, desde a súa oración, son presenza e testemuño para as nosas comunidades.

Cal é o espazo dos mozos na realidade das nosas parroquias?
Estamos contentos co compromiso e participación de catequistas novos, que son un valor importante neste momento na nosa zona, e aínda que aos pais cústalles un pouco a implicación nunha catequese familiar coa que imos funcionando, vanse dando pasos na participación e colaboración das familias cos seus fillos na tarefa da evanxelización. Na próxima XMX de Lisboa teremos unha pequena representación de mozos da zona que van participar, e iso sempre trae unha mensaxe desde quen pase por esa experiencia aos mozos das nosas parroquias.

Como se asume a novidade das UPA?
Percíbese a sementeira destes anos, o traballo previo realizado neste sentido na zona; existen moitos pasos camiñados ata este momento e iso facilita a unificación de vixilias pascuais en Semana Santa, as convivencias, o asumir responsablemente o papel de seglares na celebración da Palabra… Atopámonos nun dos arciprestados caracterizados pola forte presenza multicultural marcada polos nosos inmigrantes; é de valorar o traballo da delegación diocesana de Migracións e a boa resposta de toda a comunidade nestes anos. Por outra banda, estamos ante unidades pastorais bastante lóxicas e que responden ao propio funcionamento de vida das xentes, centralizado nas zonas que conforman cada UPA.

Entrevista: Javier Martínez Prieto

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas