Xornada Mundial da Xuventude: últimos días para inscribirse!

Quedan soamente quince días para pechar o prazo de inscrición á XMX de Lisboa 2023, finalizando o 1 de xuño. É a última oportunidade para gozar dunha experiencia única na vida. Aínda que é certo que a Xornada Mundial da Xuventude convócase periodicamente, é moi difícil que nos vaia a tocar tan preto nos próximos anos. Por iso é necesario seguir animando aos mozos da nosa diocese a que participen neste encontro que realmente che cambia a vida.

A peregrinación será desde o día 26 de xullo ata o 8 de agosto cun custo total de 495 euros. Os corenta e cinco peregrinos da nosa diocese xa apuntados (xunto cos que se nos unan nesta recta final) estaremos os primeiros días, do 26 ao 31, na diocese de Aveiro, acollidos por familias da mesma diocese e compartindo con eles a súa maneira de vivir a fe e a súa cultura. O día 31 iremos ata Lisboa, onde gozaremos dun encontro con todos os españois que imos á XMX.

Desde o día 1 de agosto vivirase en Lisboa unha semana intensa con moitos actos e moitas posibilidades de lecer, cultura e recollemento. Participaremos o sábado día 5 na vixilia con os peregrinos de todo o mundo e xunto ao papa Francisco; e o día 6 na misa de clausura tamén co pontífice. Posteriormente teremos un par de días de descanso e repouso en Coimbra, desde o domingo día 6 ata o día 8, no que finalmente voltaremos aos nosos lugares de orixe.

Hai tamén a opción de gozar da XMX unicamente a semana do 31 de xullo ao 6 de agosto, cun prezo de 395 euros, debido a que para algunhas persoas é difícil dispoñer de tantos días por temas laborais, pero certamente se se dispón do tempo para estar os quince días, é a mellor recomendación.

Formulario de inscrición

Para máis información: juventud@mondonedoferrol.org – 662 015 387

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas