Un ano máis a Asociación Encrucillada convídanos a participar no XXXVII Foro Encrucillada para dialogar sobre unha cuestión que cada día preocupa máis na nosa sociedade: o traballo digno. Será o vindeiro sábado 21 de outubro no salón de actos do colexio da Compañía de María en Santiago de Compostela.
“Que traballo queremos para o século XXI? A doutrina social da Igrexa ten reflexionado abondo sobre este tema dende o século XIX. A situación actual de globalización e deslocalización, a crise económica e a migración, fannos mirar de fronte e abordar con seriedade as causas que están a producir a precariedade laboral. O traballo é un dereito universal que dun tempo a esta parte se está a ver cada vez máis desvalorizado”.
A través desta xornada o Foro Encrucillada busca ver que mensaxe actual ten a Igrexa para iluminar esta realidade. Sobre as liñas mestras da teoloxía do papa Francisco nesta cuestión falará monseñor Fernando García Cadiñanos, bispo de Mondoñedo-Ferrol. Francisco Porcar Rebollar, militante da IOAC-HOAC, poñerá o foco na doutrina social da Igrexa, buscando xerar unha nova cultura política desde a perspectiva do ben común e a xustiza. Eloína Ingerto López, da Fundación Juan Soñador, acercaranos á realidade do traballo digno en Galicia, facendo a necesaria aterraxe de todas estas cuestións na nosa terra. Rematarase cun breve momento de reflexión persoal iluminada polas palabras de persoas que fixeron do dereito ao traballo digno a súa loita.
Este será o horario:
10:00 h.- Presentación do XXXVII Foro Encrucillada. Intervención de Tito Suárez Pérez. 10:30 h.- “O traballo á luz do pensamento do papa Francisco”, por monseñor Fernando García Cadiñanos, bispo de Mondoñedo- Ferrol.
12:00 h.- Descanso
12:30 h.- “O traballo na doutrina social da Igrexa”, por Francisco Porcar Rebollar, IOAC-HOAC.
16:30 h.- “Unha vida digna, un traballo digno”, por Eloína Ingerto López, Fundación Juan Soñador.
18:00 h.- Peche do acto
Para máis información pódese consultar a web www.encrucillada.gal








Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















