A biblioteca “Estudios Mindonienses” de Ferrol continúa dando pasos en canto á posta en valor do seu fondo documental. Tras a súa inclusión na Rede de Bibliotecas de Galicia o pasado mes de novembro, agora, e grazas a un novo convenio de colaboración, nesta ocasión coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), unha das alumnas do grao de Historia da Arte desenvolveu as súas prácticas curriculares no arquivo administrativo e na biblioteca da Domus Ecclesiae.
Durante o mes de febreiro, a estudante Ana Loureiro Maroño (Fene, 2002) realizou importantes avances no inventariado do fondo patrimonial da biblioteca (fondo antigo: obras ata 1901), desenvolveu tarefas de descrición arquivística e mesmo xestionou as redes sociais, con destacadas publicacións sobre as novidades editoriais recibidas na biblioteca. Ademais, como actividades complementarias á súa formación, tivo a oportunidade de visitar o mosteiro de Vilanova de Lourenzá e o Centro de Interpretación do Románico de Foz. Nos próximos meses ten previsto ultimar o seu traballo de fin de grao (TFG), centrado en aspectos artísticos do mosteiro de Santa María de Monfero, e continuar a súa formación na o ámbito dos arquivos e as bibliotecas, matriculándose nun master específico durante o curso 2023-24.
??? Con Ana Loureiro, alumna de Historia del Arte @UniversidadeUSC, en prácticas en la biblioteca #EstudiosMindonienses #Ferrol, visitamos la iglesia y el monasterio de S. Salvador de Vilanova de #Lourenzá (Lugo), declarado Monumento Histórico Artístico pic.twitter.com/GZ5TvtUKyY
— Estudios Mindonienses (@EMindonienses) February 15, 2023
Inventario do fondo antigo
Do informe preparado por Ana Loureiro sobre o fondo antigo (ata o ano 1901) da biblioteca da Domus Ecclesiae poden destacarse os seguintes aspectos:
· Número total de volúmenes: 349.
· Número de obras : 141 (século XVI: 1, século XVII: 1; século XVIII: 38; século XIX: 99; século XX (ano 1901): 1).
· Obras e autores relevantes: “Theatro critico universal” e “Cartas eruditas y curiosas” de frei Benito Jerónimo Feijoo, en edicións de 1769 e 1770; “El colegial o seminarista”, de Antonio María Claret, en edicións de 1864 e 1865; Juan Croisset e o seu “Año cristiano”, en varias edicións; unha Biblia de 1576, o libro máis antigo desta colección; o “Promptuario de la teología moral” de Francisco Larraga, de 1741; e o “Exercicio de perfección y virtudes christianas”, de Alonso Rodríguez, de 1758. Exemplares de todas estas obras, salvo a Biblia e o “Promptuario” de Larraga, xa forman parte do catálogo da biblioteca histórica do Seminario de Mondoñedo.
· En canto ás materias, prácticamente a totalidade deste fondo está composto por obras de carácter teolóxico, mais tamén se atopan obras filosóficas, como a “Philosophia thomistica” de Antonio Goudin; economía, coa obra “Memorias instructivas, útiles y curiosas sobre agricultura y comercio”, de Miguel Gerónimo Suárez; dereito, co “Diccionario de Derecho Canónico”, de Isidro de la Pastora y Nieto; e historia, coa obra “Historia de sucesos memorables del mundo” de Mr. de Royaumond.
Catalogación da biblioteca e consulta online
Durante os vindeiros meses está previsto o comezo do proceso de catalogación do fondo moderno da biblioteca, uns 16.000 volumes, que poderá consultarse online a través da páxina web https://estudiosmindonienses.biblio.gal. Tamén neste catálogo implementaranse os 28.000 números de revistas especializadas (700 cabeceiras) recibidas en intercambio co anuario “Estudios Mindonienses” desde a súa creación en 1985.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















