Monseñor José Cobo Cano, bispo auxiliar de Madrid, asina os comentarios e oracións do Evanxeo 2024. Camiño, verdade e vida, editado por San Pablo. A presente edición, cun deseño que facilita a lexibilidade e manexabilidade, incorpora os textos litúrxicos oficiais na súa versión castelá aprobados pola Conferencia Episcopal Española e con recognitio da Santa Sé, e permite un rápido acceso a toda a información litúrxica diaria.
O Evanxeo 2024 é unha ferramenta de difusión e divulgación da palabra de Deus que a pon ao dispor do público e a fai facilmente alcanzable a todas as persoas, mesmo non cristiás. É un complemento perfecto para quen non pode asistir á eucaristía diaria pero quere seguir a liturxia, ou para quen desexe preparala e vivila máis consciente e intensamente; e tamén un instrumento válido para a oración e a meditación persoal ou en grupo.
Evanxeo 2024. Camiño, verdade e vida – Ciclo B presenta o texto evanxélico do día, un titular que axuda a centrar a mensaxe de cada día, un comentario ao texto evanxélico e unha sinxela oración. Os domingos incorporan todas as lecturas e a antífona do salmo responsorial. A páxina compleméntase co tempo litúrxico, a semana do salterio para a Liturxia das Horas, a abreviatura das lecturas do día, a memoria litúrxica, o santoral, a xornada conmemorativa para determinados días do ano e a cor dos ornamentos litúrxicos. O evanxeo inclúe, ademais, un calendario litúrxico de cada mes, un índice alfabético e onomástico dos principais santos, beatos e advocacións marianas coa súa data de celebración, un compendio das oracións do cristián, algúns himnos e salmos, o exame de conciencia do papa Francisco, e o Ordinario da misa.
Podes descargar aquí a presentación
Edición personalizada para a diocese
Como cada ano, a vigairía de Evanxelización pon ao dispor de toda a comunidade diocesana os exemplares do Evanxeo 2024. Camiño, verdade e vida – Ciclo B, personalizado para a diocese, de novo coa opción de elixir entre dous tamaños de letra (pequena e grande) e a un prezo especial, sensiblemente rebaixado do oficial.
Prezo por exemplar: Letra pequena (1,27 euros) – Letra grande (3,60 euros).
O pedido pode formalizarse a través do teléfono (981 353 295), mensaxe de WhatsApp (689 74 86 79) e correo electrónico (mcs@mondonedoferrol.org), antes do martes 31 de outubro de 2023.
Podes descargar aquí a folla de pedido







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















