- O proceso está dirixido a adultos non bautizados e a quen non completou a súa iniciación cristiá
A Diocese de Mondoñedo-Ferrol inicia o seu catecumenado de adultos, un período de formación destinado a quen non concluíu a súa iniciación cristiá ou non recibiu o bautismo.
Cada vez son máis as persoas adultas que non recibiron o bautismo na infancia. No curso pasado, cinco adultos da diocese recibiron este sacramento. Para eles desenvólvese un proceso específico de formación que culmina na Vixilia Pascual, presidida polo bispo, coa recepción dos tres sacramentos da iniciación cristiá: bautismo, confirmación e eucaristía.
O catecumenado diríxese tamén a mozos e mozas que, tendo recibido o bautismo e a primeira comuñón, non completaron o seu proceso de iniciación cristiá coa confirmación. Para este colectivo establecécese igualmente un período de formación orientado ao diálogo sobre a fe adulta e o significado do sacramento da confirmación. A celebración habitual da confirmación de adultos ten lugar nas vésperas de Pentecoste.
As persoas interesadas poden poñerse en contacto coas súas parroquias, onde lles informarán dos horarios e dos grupos organizados.
Para o bispo diocesano, monseñor Fernando García, o catecumenado é “unha ocasión privilexiada de coñecer mellor a Deus e á súa Igrexa, de conectar na idade adulta co proxecto que Deus ten para nós”. “Nestes adultos temos posta a nosa confianza de renovación das nosas comunidades”, engadiu.










Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.




















