- A conselleira do Medio Rural da Xunta destacou o valor patrimonial e identitario do proxecto
- Os órganos barrocos de San Salvador, únicos de caixas xemelgas en Galicia, son protagonistas dunha nova investigación
- O bispo Fernando García Cadiñanos e o párroco Xosé Antón Miguélez participaron na presentación celebrada no mosteiro de San Salvador
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na tarde de onte na presentación do libro “Os órganos de Lourenzá. Ecos do pasado, sons do futuro”, unha publicación que recolle unha completa investigación sobre a historia e o valor artístico dos órganos da igrexa do mosteiro de San Salvador de Lourenzá.
No acto estiveron tamén presentes o bispo de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos, e o párroco de Lourenzá, Xosé Antón Miguélez, quen acompañaron aos responsables do proxecto e á comunidade local nunha xornada marcada pola emoción e o orgullo polo patrimonio musical laurentino.
Durante a súa intervención, a conselleira destacou a relevancia do estudo, impulsado polo Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Miranda ao abeiro da medida Leader promovida pola Xunta de Galicia. Gómez subliñou que esta obra é “un exemplo do riquísimo patrimonio cultural galego que debemos conservar”, poñendo en valor o papel de iniciativas como esta na preservación da identidade e da memoria do territorio. A titular de Medio Rural engadiu que os órganos de Lourenzá amosan como “o rural galego resiste o paso do tempo” e son “proba de que estas contornas poden acoller proxectos de vida e iniciativas tan fermosas e ambiciosas coma a presentada”.
Os órganos do mosteiro de San Salvador de Lourenzá constitúen un dos conxuntos organísticos máis destacados do patrimonio galego. Trátase de dous instrumentos barrocos de caixas xemelgas, os únicos conservados en Galicia no seu estado orixinal, o que os converte nun tesouro musical de relevancia peninsular.
Fonte: Diocese/Xunta/Aquí Diario – Fotografías: Javier Arias Fouz (Facebook)
Ver esta publicación en Instagram









Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.



















