Por iniciativa do bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos, e grazas á dispoñibilidade da comunidade dos PP. Claretianos e da confraría, o santuario da Nosa Señora das Angustias de Ferrol permanecerá aberto durante máis tempo para permitir a acollida e a oración de peregrinos e fieis. Trátase de crear un espazo aberto no centro da cidade que posibilite a todos os que o desexen poder atopar a igrexa aberta, así como algunha persoa que facilite a acollida e a atención.
A partir do 1 de maio, e coincidindo co mes dedicado á Virxe María, o santuario permanecerá aberto, de luns a venres, desde as 8:30 ata as 12:30 horas. Nesa franxa horaria sempre haberá un sacerdote ao dispor de quen o desexe para confesar, escoitar, informar, bendicir aos peregrinos e acoller a quen o desexe. Polas tardes, o horario de apertura será de 17:30 a 19:00 horas. Nesta franxa horaria, un membro da confraría das Angustias estará na igrexa facilitando un clima de oración, e dirixindo o rezo do rosario á Virxe das Angustias e a oración co evanxeo diario ás 18:00 horas.
As eucaristías no santuario mantéñense nos horarios habituais: 9:00 e 12:00 horas, nos días laborables; e 9:00 e 13:00 horas nos días festivos.
Desta maneira, a cidade de Ferrol asegúrase un lugar permanente de escoita e de atención ao sacramento da penitencia. Son moitos os peregrinos que pasan por esta porta, á beira do Camiño Inglés. Ademais, a Virxe das Angustias é unha das imaxes que máis devoción ten entre os ferroláns. Foi coroada canónicamente en 2022.
Fotografía: Daniel Aleixandre







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















