Doce sacerdotes diocesanos serán homenaxeados na festa de San Xoán de Ávila

O próximo día 10 de maio, mércores, os sacerdotes da nosa diocese celebrarán a festa do seu santo patrón, san Xoán de Ávila. Van celebrar a data no Seminario de Mondoñedo, baixo a presidencia do bispo Fernando García Cadiñanos, homenaxeando aos compañeiros que conmemoran as súas vodas sacerdotais.

Vodas de Platino (70 anos)
Uxío García Amor. Roma, 19.03.1953

Vodas de Diamante (60 anos)
Xaquín Campo Freire. Ferrol, 07.01.1963
José Antonio Fernández Santos. Ferrol, 07.01.1963
Higinio Rodríguez López. Ferrol, 07.01.1963
José María Vidal Bodenlle. Ferrol, 07.01.1963
José Lage Grandío. Ferrol, 17.03.1963
Pedro Díaz Fernández. Comillas, 13.04.1963
Alfonso Gil Montalbo. Mondoñedo, 21. 12.1963

Vodas de Ouro (50 anos)
Raúl Ferreiro Méndez. Meda, 30.06.1973
Pedro Rodríguez Paz. Santa Cruz de Parga, 12.09.1973
Jacinto Pedrosa Deán. Cordido, 29.12.1973

Vodas de Prata (25 anos)
Cándido Otero López. Mondoñedo, 01.05.1998

O planning desta xornada será o seguinte:

10:30 h. Acollida e rezo da Hora Intermedia na Sala «Crecente Vega».
10:45 h. Mesa Redonda. Tema: «Retos da Igrexa de hoxe nesta etapa sinodal».
11:30 h. Descanso-café.
12:00 h. Homenaxe aos sacerdotes de aniversario con intervención de cada un.
12:45 h. Eucaristía na Capela Maior.
13:45 h. Xantar compartido.

Por outra banda, a delegación do Clero anuncia que os días 29 de maio (Seminario de Mondoñedo) e 30 de maio (Igrexa de Caranza-Ferrol), celebraranse senllos retiros de Pentecoste, nesta ocasión dirixidos por María Victoría González Rodríguez, directora de Cáritas Mondoñedo-Ferrol.

E tamén está prevista unha quenda de exercicios espirituais, do 26 ao 30 de xuño, en Mondoñedo, dirixidos por monseñor Julio Grella Díaz, bispo misioneiro emérito en Ecuador, natural de Ourense e residente en Salamanca.

Artículos relacionados

Síguenos

5,484FansMe gusta
4,606SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimas publicaciones

Etiquetas