En breve comezará a Coresma e desde as delegacións de Catequeses e Laicos, Familia e Vida queren convidar as familias a «vivir de maneira especial este tempo litúrxico». Para iso decidiron unirse e ofrecernos unha ferramenta sinxela que poida axudarnos a vivir este tempo con máis intensidade dunha forma familiar. Trátase dun PDF interactivo que pode descargarse a través de calquera dispositivo móbil.
“Camiño á Pascua, Camiño á vida” é un documento interactivo con ligazóns a actividades, vídeos e cancións que «poden axudar aos membros das familias para achegarse a Xesús e a percorrer este camiño coresmal. Desta maneira facemos que as nosas familias vivan tamén a fe unidas, máis aló da celebración dominical», apunta Mar Sarmentero, delegada de Laicos, Familia e Vida.
Este documento está dispoñible para descargar na páxina web www.mondonedoferrol.org e nas seccións de cada unha das delegacións. Anunciarase tamén a través das redes sociais e cada venres a través da canle diocesana de noticias de WhatsApp, para poder acceder coa suficiente antelación aos materiais dos cinco domingos da Coresma.
Para facer máis efectiva a difusión deste material, desde as delegacións solicitan a colaboración das parroquias e UPA, a través dos seus sacerdotes e catequistas, para que «o divulguen aos pais e nais dos menores que se están preparando para recibir os sacramentos de iniciación cristiá. Así poderemos chegar xuntos a descubrir que “Xesús morre e resucita por ti, porque che quere e quere que sexas feliz”. Non nos cansemos de sementar e promover ocasións», animan nunha carta remitida a todas as parroquias da diocese.







Nacido en Ferrol el 21 de abril de 1983. Realiza los estudios posobligatorios, hasta COU, en el Colegio Tirso de Molina de los PP. Mercedarios en Ferrol.
Nacida en Ferrol (A Coruña) el 24 de mayo de 1972.



















